A familia do mozo que sufriu unha malleira en Nigrán cre que só se fixo xustiza a medias
A familia do mozo que sufriu unha malleira en Nigrán cre que só se fixo xustiza a medias
A familia da vítima aplaude o acordo, pero fala das secuelas tras o incidente
A familia do mozo que hai catro anos recibiu unha brutal malleira en Nigrán respira hoxe un pouco máis tranquila despois de que o principal acusado recoñecera os feitos na última sesión do xuízo. Aínda así só din que se fixo xustiza a medias, porque para completar a recuperación do seu fillo aínda terá que pasar máis tempo.
"Para nós acabou a incerteza..., non como queriamos, pero algo é algo", di Nacho Martíns, pai da vítima.
Porque din que, aínda que só sexa isto, é o que necesitan. Pasar páxina e poñer punto e final a catro anos de pesadelo. O pai da vítima mantén que, xa antes de comezar co xuízo, o acusado intentou pechar un acordo, pero no último momento botouse atrás. Despois da vista entende que xa non viu moitas alternativas.
"Como veu que entraba no cárcere..., eles a a súa familia viron que el o que non quere é ingresar no cárcere".
E non o fará a cambio dunha indemnización de 120.000 euros. Pero Martíns tamén recoñece que a sensación é agridoce.
"O meu fillo leva catro anos moi mal, e segue igual. Estivo practicamente morto o meu fillo".
E sabe que aínda van necesitar máis tempo ata completar a súa recuperación.