Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Sá Carneiro estará pechado o día 10 de setembro

O aeroporto de Sá Carneiro estará pechado o día 10 de setembro

Acometeranse obras de ampliación por valor de 50 millóns de euros

O obxectivo dos traballos é ampliar a súa capacidade até 40 millóns de viaxeiros anuais

G24.gal 28/05/2024 16:04 Última actualización 28/05/2024 16:47

O veciño aeroporto do Porto, Francisco Sá Carneiro, anuncia un investimento de 50 millóns de euros para reformar a súa pista e ampliar a súa capacidade até 40 millóns de viaxeiros anuais a longo prazo... as obras poderán interromper a actividade da terminal en momentos puntuais.

 A empresa que xestiona os aeroportos lusos, asinou cunha construtora española un contrato para reformar e ampliar a pista do aeroporto de Sá Carneiro, no Porto.

As obras comezarán o 31 de xullo e durarán 19 meses pero só se prevén cortes na actividade o día 10 de setembro, cando a terminal pechará por completo.

As obras están enmarcadas nunha serie de ampliacións para que o aeroporto atinxa os 40 millóns de visitantes anuais a longo prazo. O ano pasado superou a barreira dos 15 millóns e agárdase que este ano roce os 15,6 millóns de pasaxeiros, cun total de 40 destinos.

O investimento vén precedido doutro por valor de 30 millóns, para a ampliación da pista e a instalación de postos de facturación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade