Cargando resultados...
O aeroporto de Santiago chega a unha cifra de récord con 400.000 viaxeiros en maio
O aeroporto de Santiago chega a unha cifra de récord con 400.000 viaxeiros en maio
Logra case un 27 % máis de persoas ca o ano pasado no mesmo período, en parte grazas ao peche de Peinador
Aeroporto da Lavacolla
G24.gal
12/06/2024 20:47
Última actualización 12/06/2024 21:00
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro logrou os mellores datos da súa historia neste mes de maio. Isto débese en parte ao peche do aeroporto de Vigo, xa que os seus voos foron derivados a Compostela.
A Lavacolla superou os 400.000 pasaxeiros, unha cifra nunca vista antes, nin sequera en plenas vacacións. É case un 27 % máis ca no mesmo período do ano pasado. Case 320.000 dos seus viaxeiros fixeron voos nacionais e algo máis de 85.000 foron viaxeiros internacionais.