Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto de Santiago segue a absorber boa parte do tráfico de Vigo

O aeroporto de Santiago segue a absorber boa parte do tráfico de Vigo

Os desvíos alteran os plans de moitos afectados

G24.gal 02/01/2022 14:14

O aeroporto de Santiago volve rexistrar este domingo máis movemento do previsto ao absorber parte do tráfico suspendido en Peinador.

Esta mañá aínda demos con viaxeiros que xa tiñan que saír onte aos seus destinos. Outros contaban con chegar practicamente á mesma hora que se saísen de Vigo, pero vir a Santiago tamén lles causou trastornos. Varios tivérono que facer polos seus medios.

No aeroporto compostelán atopamos ademais a pasaxe dun avión a Barcelona que debía saír da Coruña ás nove e vinte da mañá e que foi desprazada en autobús.

A algúns dos afectados propoñíanlles saír doce horas máis tarde. Para máis dun, o atraso implicaba perder conexións. 

Entre os afectados, tanto do peche de Peinador coma do voo suspendido na Coruña, a queixa máis repetida era a falta de información.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade