O aeroporto de Tenerife Sur, de novo operativo tras retirar o avión da pista
O aeroporto de Tenerife Sur, de novo operativo tras retirar o avión da pista
Entre os milleiros de afectados polo incidente estiveron os pasaxeiros dun voo de Ryanair a Santiago
O avión de Ryanair que bloqueaba a pista do aeroporto Tenerife Sur tras abortara engalaxe este sábado xa foi retirado, co que o aeródromo volve estar operativo, informaron a Efe fontes de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA).
O incidente na pista do aeroporto do sur de Tenerife provocou o desvío de doce voos, dos que cinco foron derivados a Tenerife Norte, seis a Gran Canaria e un a Faro (Portugal).
Os controladores aéreos divulgaron un vídeo nas súas redes sociais no que se aprecia a retirada da aeronave, que foi remolcada, e a confirmación de que a pista de Tenerife Sur volve estar "libre e operativa".
Sinalan que levará un tempo recobrar a normalidade no fluxo de tráfico aéreo debido a que deben regresar ao aeroporto os voos desviados a aeródromos alternativos.
AENA sinalou que non agarda que haxa moitos máis voos afectados ao lograr despexar a pista dúas horas antes do fixado inicialmente por Eurocontrol.
O avión correspondente ao voo B738 de Ryanair quedou inmobilizado cando a tripulación decidiu por seguridade abortar a engalaxe porque ao parecer os freos alcanzaron unha alta temperatura e bloqueáronse, segundo informaron os controladores aéreos.
O incidente provocou importantes demoras nos voos de saída e chegada á illa, con varios deles desviados a aeroportos alternativos, incluído un de carácter médico.
Nun primeiro momento desviáronse tres voos a Tenerife Norte e outros tres a Gran Canaria e tampouco engalaban voos desde as instalacións aeronáuticas do sur da illa.
⚠️ Pista libre y operativa en #Tenerife Sur . El avión de Ryanair que bloqueaba la pista ha sido finalmente remolcado. #Trabajoenequipo pic.twitter.com/Z8bS7Qhpnr
— 😷Controladores Aéreos 🇪🇸 (@controladores) August 27, 2022