Publicador de contidos
Publicador de contidos

O alcalde de Foz confía en que o problema coa auga se solucione pronto

O alcalde de Foz confía en que o problema coa auga se solucione pronto

Á espera de máis análises, recoméndase non usala para beber nin cociñar

O edil puntualiza que, en todo caso, non implica un risco para a saúde

G24.gal 06/08/2023 15:06 Última actualización 06/08/2023 15:24

O Concello de Foz mantén vixente a recomendación de non beber nin cociñar coa auga da traída, pero espera poder retirala pronto.

Logo de que a concesionaria substituiíra o reactivo co que potabilizan a auga, os químicos que deran alto foron baixando, pero están pendentes de mostras novas para dar por superado o problema.

Mentres, o alcalde envíalles unha mensaxe de tranquilidade aos veciños. 

"O novo reactivo que se está a usar está corrixindo os niveis de trihalometanos. Estamos con algún valor dentro do rango e algún, un pouquiño por riba. Esperamos que en pouquiño tempo, xa coas mostras do luns ou do martes, ter boas novas e eliminar estas recomendacións. Hai que incidir nisto: son recomendacións, non hai risco para a saúde", explica Francisco Cajoto.

Os veciños recoñecen que é un trastorno, especialmente para a hostalería.

"Non empregamos a auga máis que para ducharnos e para lavar a roupa e iso, nada máis", di un home.

"É un trastorno bastante grande porque son épocas de moita afluencia de xente, pero todo sexa pola saúde", admite Ángeles Piñeiro, da cafetería Xoyma.

A recomendación de non beber a auga non afecta a parroquia de Cordido, que recibe a subministración dunha rede independente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar