Lores di que a cuestión de confianza é o único mecanismo para avanzar cos orzamentos
Lores di que a cuestión de confianza é o único mecanismo para avanzar cos orzamentos
O alcalde de Pontevedra somete o luns o seu cargo a esa cuestión de confianza vinculada á aprobación das contas municipais
O PSOE di en que hai tempo para negociar e o PP critica os pactos entre BNG e os socialistas
Sen avances na negociación dos orzamentos municipais do 2024, o alcalde de Pontevedra sométese o luns a unha cuestión de confianza vinculada a esas contas. Se non consegue o apoio do PSOE, ábrese o prazo para que a oposición presente unha moción de censura. Lores non desbota un pacto dos socialistas co PP.
Dende o PSOE insisten en que aínda quedan 5 días para negociar e rexeitan facer alcalde o candidato do Partido Popular. O PP pídelle ao alcalde que retire os orzamentos, que din carecen de apoio, e apuntan que os pactos entre PSOE e BNG non aportan estabilidade.
Quedan tres alternativas por diante: que o luns Lores reciba o apoio para aprobar os orzamentos, que a oposición presente unha moción de censura, ou se non a hai pasado un mes que os presupostos se aproben por decreto.