Publicador de contidos
Publicador de contidos

O anticiclón enche as rúas de xente tras semanas de chuvia persistente

O anticiclón enche as rúas de xente tras semanas de chuvia persistente

Contraste entre os 15 graos das Rías Baixas e as xeadas no interior de Lugo e Ourense

Este domingo foi un anticipo do tempo seco, frío e solleiro que traerá a vindeira semana

G24.gal 22/01/2023 20:03 Última actualización 22/01/2023 21:14

A vindeira semana toda Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica e por primeira vez nos dous últimos meses non hai chuvia á vista. O tempo seco, solleiro e frío deste domingo foi un ensaio do tempo que virá a partir do luns. 

As temperaturas mínimas do interior de Lugo e Ourense baixaron ata un grao baixo cero. Dende principios de xaneiro, cando concellos como Sarria chegaron aos menos dous coma catro graos centígrados, non volveramos ver xeadas con xeito.

Como mínimo ata o xoves repetirase a escena. Mínimas de -1 grao no interior lugués e de cero graos no ourensán. 

Fronte ao carazo, a praia de Samil este domingo alcanzou os quince graos centígrados. O mar estaba calmo e o ceo azul sen nubes ameazantes.

No sur de Galicia, ata o xoves, seguirá habendo sol. As temperaturas volverán ser, coma este domingo, as máximas da comunidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar