Publicador de contidos
Publicador de contidos

O anticiclón deixa temperaturas primaverais en toda España

O anticiclón deixa temperaturas primaverais en toda España

As temperaturas altas prevese que continuarán polo menos ata finais de mes en todo o estado

G24.gal 25/01/2024 13:58

O ambiente primaveral, con máximas entre 5 e 10 graos por riba do que é habitual nesta época do ano, esténdese pola Península e os dous arquipélagos. Na costa mediterránea os termómetros chegarán aos 28 graos.

Co anticiclón instalado sobre a Península, as temperaturas irán en ascenso dando paso a un ambiente primaveral en toda España. Durante a xornada agárdase que os termómetros cheguen aos 28 graos en Murcia, en Granada e Valencia rexistrarán 26 e 25 en Alacante ou Xirona.  

No resto de España as máximas situaranse arredor dos 20 graos, valores máis propios dos meses de marzo e abril.

Irá máis fresco en Lleida, onde os termómetros non pasarán dos 11 graos, e en León, Zamora e Palencia terán 12 de máxima.

Segundo a previsión da Aemet, as temperaturas primaverais continuarán polo menos ata finais de mes en toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade