Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arde Lucus comeza o próximo xoves con máis de 300 actos e cunha alta ocupación

O Arde Lucus comeza o próximo xoves con máis de 300 actos e cunha alta ocupación

Ultimando os preparativos dunha festa que encherá Lugo de castrexos e romanos

G24.gal 08/06/2024 14:44

Os encargados de montar o forno romano son os da cohors, unha asociación con máis de cen membros que participou practicamente dende o primeiro Arde Lucus.

Na parte de atrás do concello as guerreiras icenas montan o seu campamento de campaña.

Este é o ambiente previo a unha festa en que o Concello inviste 270.000 euros e que conta co patrocinio de 26 empresas que achegan 112.000 euros para axudar a que Lugo se volva encher de milleiros de romanos e castrexos revivindo a historia; unha festa que tamén deixa un gran beneficio económico na cidade, cos hoteis que practicamente conseguen encher todos os anos.

A vintena de asociacións que se involucran na organización segue é determinante para o éxito dunha festa que comeza coa entrada das lexións sobre a ponte romana o xoves e que o domingo celebra un desfile no que participan máis de 20 centros escolares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar