Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro é segundo en solitario despois de gañar en Zubieta (0-1)

O Arenteiro é segundo en solitario despois de gañar en Zubieta (0-1)

Decidiu un gol solitario de Enol ao comezo da segunda metade, nun partido en que os galegos non sufriron en exceso

Foto: @RealSociedad
G24.gal 02/11/2024 19:25

O Arenteiro segue sumando, e segue amosando unha sólida imaxe que o asenta xa no segundo posto logo dun importante triunfo do campo do Sanse, que comezaba a xornada cos mesmos 17 puntos, pero cun partido menos.

Na primeira metade, o Arenteiro colleu axiña o control do xogo, logo dun par de achegamentos locais sen consecuencias. O equipo galego foise atopando cada vez máis cómodo no campo, e creou as únicas ocasións de perigo, con senllos remates a porta de Enos e Pascu que despexou o porteiro local Fraga. Pascu foi o home máis perigoso do equipo visitante. Gozou doutra boa ocasión nunha contra no treito final que bloqueou o porteiro local.

A segunda metade comezou co gol do Arenteiro que abría o marcador, nunha gran acción pola dereita, con internada de Jordan e asistencia atrás para que marcase Enol á reviravolta. O gol esporeou os locais, que eran agora os que se achegaban ás inmediacións da portería de Diego García, pero sen rematar entre os tres paus. E, nas poucas en que si aconteceu, Diego García amosou a súa seguridade habitual.

Soubo sufrir o Arenteiro nos peores momentos para sumar outro importante triunfo, que o deixa no segundo posto tres puntos por diante do seu rival en Zubieta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar