Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro pasa por riba do Nástic con Baselga como estilete (4-0)

O Arenteiro pasa por riba do Nástic con Baselga como estilete (4-0)

O dianteiro aragonés marcou os tres primeiros goles do partido

G24.gal 13/10/2024 17:35

O partidazo do Arenteiro quedará na memoria dos afeccionados de Espiñedo durante moito tempo. Visitaba O Carballiño un dos equipos máis poderosos da categoría, o Ximnástico de Tarragona, e marchou co rabo entre as pernas, absolutamente superado polo equipo galego. 

O resultado final (4-0) foi froito do mellor fútbol local, un resultado para nada esaxerado logo do visto. Antes do primeiro gol, o equipo de Raúl Jardiel xa gozara de tres ocasións claras. No 31 o colexiado asubiou un claro penalti cometido sobre Enol, lanzamento que transformou Marcos Baselga. 

O dianteiro aragonés foi o estilete do Arenteiro porque tamén marcou o segundo, despois dunha gran xogada entre Jordan e Diego Gómez, e o terceiro, aproveitando un rexeite do porteiro visitante Varo. O cuarto levou a sinatura de Enol Rodríguez cun gran disparo desde a frontal da área. 

Suma tres vitorias seguidas como local un Arenteiro que garante rematar a xornada nos postos de privilexio da categoría. Suma 13 puntos, un máis que o seu rival, o Nástic. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar