Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro reinvéntase e comeza mellorando os incribles resultados do ano pasado

O Arenteiro reinvéntase e comeza mellorando os incribles resultados do ano pasado

Malia que lle marchou a maior parte dos xogadores, conseguiu conformar un gran grupo que se coloca en postos de promoción na oitava xornada da 1.ª RFEF

G24.gal 14/10/2024 20:49

O Arenteiro é o sexto equipo de Marcos Baselga nas seis últimas temporadas. Futbolista formado no Zaragoza. Marcou un gol de penalti, outro de dianteiro que acompaña a xogada e só ten que empurrar a pelota e un terceiro de estar no sitio oportuno. Tres goles. E suma cinco nas oito primeiras xornadas. O Espiñedo ovacionouno. Quedou coa pelota ao final do partido e con ela foi cara á conferencia de prensa. Tres goles que impulsan o Arenteiro.

Este Arenteiro ten 13 puntos, a temporada pasada tiña catro menos a estas alturas. Marcháronlle boa parte dos xogadores que acadaron o éxito o ano pasado, a maioría a equipos dun nivel superior. Agardaron polo seu momento no mercado e, cando non daban un euro por eles, conseguiron completar un equipo moi competitivo. O domingo teremos outra oportunidade de velos, no derbi contra o Ourense Club de Fútbol televisado pola G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos