Publicador de contidos

Publicador de contidos

O audivisual galego opta a varios Premios Goya

O audivisual galego opta a varios Premios Goya

A gala dos Premios Goya comeza ás dez da noite deste sábado en Granada

A actriz Lucia Veiga, candidata ao premio mellor actriz de elenco, na alfombra vermella dos Goya 2025. Foto: EFE/Pepe Torres A actriz Lucia Veiga, candidata ao premio mellor actriz de elenco, na alfombra vermella dos Goya 2025. Foto: EFE/Pepe Torres
G24.gal 08/02/2025 19:08

A gala dos premios Goya vai comezar ás dez da noite deste sábado no Pazo de Congresos e Exposicións de Granada e o audiovisual de Galicia ten unha presenza importante nesta edición, a número 39, con candidaturs en diferentes categorías.

Luís Tosar, candidato ao mellor actor de elenco polo seu papel na película La infiltrada, dirixida por Arantxa Echevarría. O filme parte como favorito ao premio á mellor película, despois de que nesta edición se descartaran outras películas españolas que xa foron premiadas en festivais internacionais.

Lucía Veiga é candidata á mellor actriz de elenco polo seu papel en Soy Nevenka, unha película dirixida por Icíar Bollaín que fala do acoso sexual.

Cafuné é candidata na categoría da mellor curtametraxe de animación. Cafuné está codirixida por Lorena Ares e Carlos FerFer; é un tributo ás persoas anónimas que dan o que poden e aínda máis do que poden, para facer un mundo mellor. Cafúné foi seleccionada en máis de 40 festivais e xa recibiu unha ducia de premios.

A produtora Chelo Loureiro forma parte do equipo de produción da curta Lola, Lolita, Lolaza, de Mabel Lozano, que tamén é candidata aos Goya na categoría da mellor curta de animación. Esta curta conta en primeira persoa o proceso vivido cun cáncer-garabanzo no seu peito esquerdo.

Carlos Amoedo é candidato á mellor dirección de produción pola película Segundo premio. Segundo premio é un drama musical hispano-francés de Isaki Lacuesta e codirixida por Pol Rodríguez. É unha homenaxe especial ao grupo musical Los Planetas. Segundo premio, representará o cine español nos Premios Oscar 2025 como candidata á mellor película de fala non inglesa.

Xosé Zapata é un dos produtores de Guardiana de dragones- Dragonkeeper, candidata ao Premio Goya da mellor película de animación. Guardiana de dragones é a primeira produción internacional que gaña un Golden Rooster, un fito para a cinematografía española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade