Cargando resultados...
O Avlo roda en probas por primeira vez pola rede ferroviaria galega
O Avlo roda en probas por primeira vez pola rede ferroviaria galega
A opción low cost de Renfe saíu de Ourense e ao redor das 11:20 horas chegou á estación de Santiago de Compostela
O primeiro Avlo chegou este martes a Santiago
G24.gal
18/07/2023 11:51
Un tren Avlo, a opción low cost de Renfe, rodou en probas este martes por primeira vez pola rede ferroviaria galega, segundo informan a Europa Press fontes do sector.
O convoi saíu de Ourense, e ao redor das 11:20 horas chegou á estación de Santiago de Compostela, A ministra de Transportes Raquel Sánchez anunciou este luns a chegada destes trens a Zamora para o próximo ano 2024, na liña entre Galicia e Madrid.
Renfe resalta que estes trens, os da serie S106, os fabrica Talgo, e engade que aínda non os entregou e que é esta empresa a que está a facer as probas de homologación.