O Balneario de Mondariz, recoñecido como referente termal en Europa

Cando remate este ano, o Balneario de Mondariz terá rexistradas máis de cen mil pernoitas

G24.gal 01/12/2023 20:37 Última actualización 01/12/2023 21:40

Cando cumpre 150 anos de historia, o Balneario de Mondariz segue sumando premios. Acaba de ser recoñecido como un referente termal en Europa co galardón Wellness Experience 2023. 

A directora de comunicación, Amalia Gallego,  explica que detrás do balneario hai unha historia de innovación a partir da idea dos irmáns Peinador de crear unha vila termal, a única que na actualidade funciona como tal en España, dende que se recuperou en 2005 apostando por unha oferta de vangarda.

O máis salientable é que o Balneario de Mondariz conseguiu adaptar o termalismo máis tradicional ao século XXI,  a modernidade; é dicir, mantivo a tradición das nosas augas mineromedicinais pero empregándoas doutros xeitos.

En Mondariz pódese atopar unha oferta de vangarda: circuíto spa, masaxe á carta, campo de golf, ou gastronomía, valores engadidos a un simple balneario.

Unha aposta polo turismo de benestar e de saúde que triunfa. Cando remate este ano, o Balneario de Mondariz terá rexistradas máis de cen mil pernoitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade