Morre a traballadora dun hotel en Mondariz-Balneario ao sufrir un infarto
Morre a traballadora dun hotel en Mondariz-Balneario ao sufrir un infarto
Os servizos sanitarios desprazados ata o establecemento só puideron certificar o seu falecemento
A traballadora dun hotel da avenida Enrique Peinador, no concello de Mondariz-Balneario, faleceu este sábado ao sufrir un infarto.
Un helicóptero medicalizado, con base en Ourense, desprazouse ata ao lugar pero o persoal sanitario só puido confirmar o seu pasamento. Ocorreu preto das 15:30 horas
Os xestores do 112 tamén solicitaron a colaboración da Garda Civil e do servizo de Protección Civil da Mancomunidade do Oitavén-Tea.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha traballadora dun hotel en Mondariz-Balnerio tras caer por unhas escaleiras.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 27, 2024
📍 Avenida de Enrique Peinador.
➡️ Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento.
🔗 https://t.co/fJT9peY7PL pic.twitter.com/JaFHYcg9BK