Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de España alerta do encarecemento das hipotecas para catro millóns de fogares

O Banco de España alerta do encarecemento das hipotecas para catro millóns de fogares

Nestes momentos unhas 350.000 xa dedican ao pago da hipoteca máis do 40 % dos seus ingresos

G24.gal 17/02/2023 15:50

Catro millóns de fogares que están especialmente no punto de mira. A eles dirixíase esta semana o Banco de España. Afirma o regulador bancario que a súa situación económica vai empeorar durante este 2023 debido ao encarecemento do pago mensual da hipoteca.

Son aquelas persoas que teñen unha hipoteca co tipo variable, o 70 por cento do total de hipotecados. Estímase que o incremento será duns 300 euros ao mes para unha hipoteca media de 150 mil euros. Unha suba que pon contra as cordas a economía de moitas familias.

O Banco de España afirma que neste intre unhas 350.000 xa dedican ao pago da hipoteca máis do 40 % dos seus ingresos, cando o recomendado é non superar o 30 por cento.

Nun ano o euríbor pasou de estar en valores negativos a superar o 3,5 %. Unha suba que fai que os gastos da hipoteca absorba cada vez unha porcentaxe maior dos ingresos das familias.

A previsión é que as hipotecas sigan a encarecerse xa que o Banco Central Europeo xa anunciou unha nova suba dos tipos de xuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade