Publicador de contidos
Publicador de contidos

O bar Chavello das Nogais reparte mais dun millon de euros na Bonoloto

O bar Chavello das Nogais reparte mais dun millon de euros na Bonoloto

O afortunado posuidor do boleto validado nas Nogais percibirá 1.171.729,79 euros tras ser o único acertante da primeira categoría (seis acertos ) no sorteo deste domingo

Outro afortunado de Linares, en Xaén con cinco acertos e a complementaria gaña 12.813 euros

Bar Chavello nas Nogais onde se validou o boleto coa combinación gañafdora da Bonoloto Bar Chavello nas Nogais onde se validou o boleto coa combinación gañafdora da Bonoloto
G24.gal 05/03/2023 22:48

O dono dun boleto da Bonoloto validado nas Nogais (Lugo) percibirá 1.171.720,79 euros ao ser o único acertante de primeira categoría (seis acertos) no sorteo celebrado este domingo, segundo informou Loterías e Apostas do Estado.

O boleto acertante foi validado no despacho receptor número 49.625 das Nogais (Lugo), no bar Chavello situado en Rosalía de Castro, 32.

A combinación gañadora do sorteo da Bonoloto celebrado este domingo 5 de marzo estivo formada polos números 5, 9, 30, 44, 46 e 49. O número complementario é o 22 e o reintegro, o 2. A recadación ascendeu a 1.922.955,00 euros.

De segunda categoría (cinco acertos + complementario) existe un boleto acertante que foi validado na administración de loterías número 9 de Linares (Xaén), situada no paseo de Linarejos, 36.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade