Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barco celebra todo o mes as xornadas do Botelo de Valdeorras

O Barco celebra todo o mes as xornadas do Botelo de Valdeorras

17 restaurantes ofrecen menús co embutido como referencia

Tamén haberá maridaxes e catas con viños da zona

G24.gal 04/02/2022 21:03

Cocido durante tantas horas como quilos teña de peso e acompañado de repolo ou doutra verdura de tempada e de patacas. É o mellor xeito de consumir o tradicional botelo da comarca de Valdeorras e así se poderá degustar nos restaurantes do Barco ao longo deste mes.

A pandemia impide celebrar a festa deste embutido pero vai haber ocasións abondo de probalo e de desfrutar de actividades alternativas, novidosas e mesmo culturais.

O botelo de Valdeorras diferénciase doutros embutidos similares como a androlla, o pigureiro ou o botelo da Fonsagrada en que só leva carne da costela do porco metida no estómago do animal.

O seu peso pode oscilar entre un quilo e medio e ata cinco quilos e afúmase durante quince días. Un prato contundente que os especialistas recomendan comer sempre en boa compañía e regado con viños da zona.

Se o botelo se lles fai moi forte, a alternativa nestas xornadas gastronómicas é outro prato típico de Valdeorras: o cocido con androlla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade