Publicador de contidos
Publicador de contidos

O barco dos mexillóns é unha das actividades máis demandadas polos turistas

O barco dos mexillóns é unha das actividades máis demandadas polos turistas

Trátase dunha aventura que combina natureza, gastronomía e historia

Turistas no barco dos mexillóns
G24.gal 01/08/2024 18:23 Última actualización 01/08/2024 18:58

O Pelegrín é un barco que ofrece a posibilidade de adentrarse na ría de Pontevedra nunha viaxe que mestura natureza, gastronomía e historia. Comeza en Combarro, un porto que os viaxeiros deixan atrás entre os mexilloeiros para chegar a primeira parada, a Illa de Tambo, onde escoitan as súas historias de piratas e poden ver o seu particular faro.

Despois chega o momento de degustar a bordo os produtos do mar, mexillóns e ostras e, xa co estómago cheo, os viaxeiros comprenden mellor como son os parques de cultivo, as bateas. Poden velas dende o fondo e dende a superficie onde reciben unha explicación sobre as súas particularidades que non deixa indiferente a ninguén.

Xa de volta a Combarro e a golpe de bucina aparecen os golfiños. A sorpresa máis agardada nestas viaxes xa que para moitos é a primeira vez na vida que poden velos en vivo e tan de preto. Coñecido como o "barco dos mexillóns", esta é unha das actividades máis demandas dos que nos visitan no verán, a maior parte turismo nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade