Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BCE deixará de comprar débeda, pero mantén os tipos de xuro ao 0 %

O BCE deixará de comprar débeda, pero mantén os tipos de xuro ao 0 %

O Banco Central Europeo vai concluír coa compra de débeda a partir de xullo

G24.gal 14/04/2022 17:11

A guerra en Ucraína disparou a inflación na zona euro ata o 7,5 %. O Banco Central Europeo vai concluír coa compra de débeda a partir de xullo. Mantén, iso si, os tipos de xuro en mínimos históricos, o principal queda no 0 %.

O da facilidade marxinal de crédito no 0,25 % e o da facilidade de depósito no -0,25 %. E reiterou que subirá os tipos de xuro transcorrido algún tempo desde o final das compras de débeda e que o fará de forma gradual.

O organismo alerta de que o conflito e a incerteza deterioran a confianza das empresas e dos consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade