O billete de bus da Coruña a Vigo custará menos dun euro
O billete de bus da Coruña a Vigo custará menos dun euro
Monbus aplica un desconto do 45 por cento ás rutas do eixo atlántico
A compañía lucense intenta compensar os bonos gratuítos de Renfe
Na súa páxina web Monbús informa xa os usuarios do prezo que terán os billetes a partir do martes: A viaxe da Coruña a Vigo pasará de máis de 14 euros a menos dun euro. 30 céntimos custará o traxecto entre A Coruña e Santiago. E é que todas as rutas do eixe atlántico terán un desconto do 95 por cento, segundo explica o presidente da compañía, Raúl López
Hai un 50 por cento que o achegan as Administracións, unha nunha porcentaxe e outra noutra e ese 50 por cento ata o 95 por cento, son un 45, achegámolo nosoutros e o viaxeiro entendemos que achega un 5 por cento porque eu son dos que penso na vida que o que se che regala que non ten valor non se aprecia e isto é un esforzo de todos
Poderán beneficiarse todos os usuarios que dispoñan da Tarxeta de Mobilidade de Galicia.
Os descontos están ben en todo, tal cal está a economía.
Eu creo que toda a sociedade se beneficiará destas vantaxes.
Usariamos menos o coche e máis o autobús e contariamos menos.
A decisión da compañía lucense ten un porqué. Intenta contrarrestar a posible perda de clientes, debido á distribución dos abonos gratuítos de Renfe.
Este tema sae das arcas de Monbús. Alguén podería pensar por que facemos isto? porque gañamos moitos cartos? Non, facémolo porque non queremos estragar algo que está aí, moitos postos de traballo que se podían ver en perigo, polo tanto imos buscar unha solución que non repercuta en nada diso e o viaxeiro ao final vai ter a decisión de viaxar en estrada ou no ferrocaril. A diferenza é que ese desconto na estrada faino a empresa privada
Os descontos aplicaranse ata o 31 de decembro