Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Black Friday atrae os ciberdelincuentes

O Black Friday atrae os ciberdelincuentes

Prezos inflados, enganos nas políticas de devolución e incumprimentos nos prazos de entrega
 

Comeza a campaña do Black Friday
G24.gal 22/11/2021 14:43

Mercan axiña para non perder a oferta e non se preocupan de ver se a páxina web é segura. Isto é o que fan moitos no Black Friday. Compras rápidas e compulsivas é o que buscan os caloteiros. Dende as organizacións de consumidores aconsellan sempre facer un seguimento previo do prezo dos produtos que queremos mercar e verificar a seguridade das páxinas web, se o facemos por Internet.

"Especialmente importante en caso de que se trate de páxinas web que non estean aloxadas ou que non pertenzan ao ámbito da UE" explica Miguel López, secretario xeral de Unión de Consumidores de Galicia.

Este ano, coas demoras no transporte, hai que fixarse especialmente nos tempos de entrega, xa que se non se especifican, a normativa española establece que non poden ser superiores a 30 días.

 "Se transcorridos eses 30 días o produto non chegou á casa lembremos que teremos dereito a desfacer esa compra a resolver o contrato", apunta Miguel

Lémbrannos tamén que os produtos teñen que estar sempre publicitados cos impostos incluídos e advirten de que nunca, nin a nosa entidade nin o noso provedor, nos poderán pedir o PIN da tarxeta.

Tamén se aconsella non meter os datos da tarxeta se non é no ordenador persoal, e nunca engancharse a unha rede wifi allea. Tamén desconfiar das ofertas moi atractivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade