Cargando resultados...
O BNG asegura no comezo da precampaña das europeas que son os únicos que defenden Galicia
O BNG asegura no comezo da precampaña das europeas que son os únicos que defenden Galicia
G24.gal
12/05/2024 16:01
O BNG elixiu Vigo para comezar a precampaña das eleccións europeas de xuño. A voceira, Ana Pontón, e a candidata á Eurocámara, Ana Miranda, interviñeron nun acto coa militancia.
Asegurou a actual eurodeputada: "Somos o equipo da casa, o único que vai defender as cores de Galicia en Europa".
A voceira nacional, Ana Pontón, reivindicou a candidatura do BNG como o equipo da casa, que vai defender os intereses de Galicia, fronte a un PP que "mira a Madrid".