Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG condiciona o apoio aos orzamentos do Estado ao cumprimento da "axenda galega"

O BNG condiciona o apoio aos orzamentos do Estado ao cumprimento da "axenda galega"

Ana Pontón destaca que o Goberno ten que cumprir os acordos de investidura para lograr o apoio do Bloque aos presupostos

Ana Pntón durante a entrevista con EFE
G24.gal 09/11/2024 10:22

O Bloque Nacionalista Galego condiciona seu apoio parlamentario aos presupostos xerais do Estado ao cumprimento dos acordos de investidura e tamén, dixo Ana Pontón, ao cumprimento do que denominou "axenda galega".

Nunha entrevista en EFE aseguraba: “Esperamos que haxa presupostos, temos toda a disposición a negociar eses orzamentos, porque cremos que vai ser beneficioso para o conxunto do Estado e tamén para Galicia”.

“Pero evidentemente temos unhas liñas vermellas. E é que o Goberno ten que cumprir con Galicia. Eses orzamentos non só teñen que darlle sostén aos acordos de investidura, senón que imos expor toda unha axenda galega para mellorar moitas das cuestións que dependen do Estado”, explica.

E cita como unha destas liñas vermellas o proxecto da empresa portuguesa Altri, unha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei: “Neste asunto o Goberno debe escoitar o que lle está dicindo a poboación de Galicia”. “Hai un movemento moi importante en contra de que nos poñan unha macrocelulosa no corazón do noso país; unha macrocelulosa que non quere Portugal e que implica ignorar o cambio climático, poñer en risco máis de 8.000 empregos, tanto no sector rural como no sector pesqueiro, porque vai contaminar un río, que vai desembocar na ría de Arousa, da que viven 4.000 persoas.

“É un auténtico disparate que se queiran dar 250 millóns de euros públicos a unha multinacional para que contamine o noso país", engade, antes de insistir en que os Orzamentos Xerais deberán “cumprir con Galicia” se Pedro Sánchez quere o seu apoio.

“O BNG conseguiu que Galicia estea na axenda estatal, conseguimos, por exemplo, descontos históricos nas peaxes da AP-9. Conseguimos que se avance en sanear as nosas rías, por exemplo a Ría do Burgo, na Coruña, ou conseguimos que se avance na modernización do ferrocarril”, reivindica.

E agora “nesta nova etapa, temos novos retos”, expresa, antes de concluír que “o BNG fixo máis por Galicia cun só deputado que todos os parlamentarios que ten o Partido Popular aquí, que o único que fan é votar o que lles piden sen negociar nunca absolutamente nada a favor de Galicia”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade