Cargando resultados...
O BNG critica a redución dun 63 % do investimento en Igualdade desde 2009
O BNG critica a redución dun 63 % do investimento en Igualdade desde 2009
Ana Pontón reclamou unha Galicia máis feminista que se reflicte nos orzamentos
G24.gal
22/10/2022 13:40
Última actualización 22/10/2022 14:18
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apostou este sábado en Moaña por unha Galicia máis feminista, en que as mulleres teñan máis poder institucional, cun urbanismo con perspectiva de xénero.
A líder nacionalista reclama que todos estes aspectos se teñan en conta nos presupostos. Algo que, segundo dixo, cada vez fai menos o Goberno galego.
Ana Pontón criticou que o Executivo autonómico reducira nun 1,5 % o investimento destinado a igualdade para 2023 e nun 63 % desde o 2009.