O BNG esixe autonomía fiscal e financeira para Galicia cunha Facenda propia
O BNG esixe autonomía fiscal e financeira para Galicia cunha Facenda propia
O PP pídelle a Pontón que non saque "coellos da chisteira"
O BNG pide negociar bilateralmente co Estado un modelo de financiamento propio e singular para Galicia. Nunha ofrenda floral ante a tumba de Castelao na véspera do aniversario do traslado dos seus restos a Galicia, Ana Pontón dixo que a autonomía fiscal e financeira é necesaria para avanzar no autogoberno.
"Apostamos por un modelo que nos dea as chaves dos nosos cartos, que teñamos capacidade de xestión e recadación do 100 % dos recursos que se xeran no noso país, para poder decidir as prioridades de investimento. Este modelo inclúe creación Facenda propia con capacidade fiscal plena", precisou a líder do BNG.
O PPdeG cre que os nacionalistas deberían pronunciarse sobre o financiamento singular para Cataluña en vez de facer estas propostas. "Saír agora cun coello da chisteira como fai agora dicindo unha facenda propia... non, que diga se lle parece ben a proposta do goberno de España de darlle máis a Cataluña", dixo Paula Prado.