Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG pide a retirada do proxecto de lei de recursos naturais

O BNG pide a retirada do proxecto de lei de recursos naturais

Luís Bará apuntou que unha destas cuestións é que unha declaración de impacto ambiental poida ser alterada, modificada ou corrixida por unha avaliación dos beneficios sociais e económicos

G24.gal 17/06/2024 14:01

O BNG avanzou no Parlamento que solicitará a retirada do proxecto de lei de recursos naturais de Galicia. Un dos principais obxectivos desta norma é que o aproveitamento dos nosos recursos naturais revertan na nosa comunidade, pero os nacionalistas din que tras este atractivo envoltorio hai cuestións de dubidosa legalidade.

Luís Bará apuntou que unha destas cuestións é que unha declaración de impacto ambiental poda ser alterada, modificada ou corrixida por unha avaliación dos beneficios sociais e económicos. Di que son dúas cousas diferentes e que unha non pode interferir na outra. Augura que isto vainos levar  a máis conflitividade social e máis inseguridade xurídica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade