Cargando resultados...
O BNG pide que compareza Rueda e un reforzo da Atención Primaria
O BNG pide que compareza Rueda e un reforzo da Atención Primaria
Os nacionalistas cualifican de caótica a política sanitaria da Xunta e piden a comparecencia do presidente no Parlamento
A voceira nacional do BNG e o alcalde de Pontevedra visitaron o hospital de Montecelo
G24.gal
14/12/2022 12:54
O BNG pide a comparecencia do presidente na Xunta, Alfonso Rueda no Parlamento para explicar a súa xestión sanitaria que os nacionalistas cualifican de caótica. Din os nacionalistas que tras trece anos de recortes do Partido Popular, hoxe a situación de deterioro en centros de saúde, PACs e hospitais é dunha gravidade extrema.
Tras a visita ao hospital pontevedrés de Montecelo, a voceira nacional do Bloque pediu un reforzo da Atención Primaria con douscentos millóns de euros e máis medios, máis servizos, máis estabilidade laboral para os profesionais e máis especialidades, como psicoloxía clínica.