Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG pide que se reinicie o expediente para declarar Ben de Interese Cultural o baile e a música tradicional galega

O BNG pide que se reinicie o expediente para declarar Ben de Interese Cultural o baile e a música tradicional galega

Presentarán unha proposición non de lei no Parlamento e tamén piden un observatorio da música e do baile tradicional

O proceso leva parado dous anos

G24.gal 09/06/2022 12:28

O BNG pide que se reinicie o expediente para declarar Ben de Interese Cultural non material o baile e a música tradicional galega. O proceso leva parado dous anos. Presentarán unha proposicion non de lei no Parlamento e tamén piden un observatorio da música e do baile tradicional.

A portavoz nacionalista, Ana Pontón, defendeu a canteira coa que contan ambas disciplinas. Son máis de 30.000 alumnos e un milleiro de profesores que traballan para manter vivos dous dos piares da nosa cultura. 

"Temos unha cultura moi importante cunha riqueza impresionante, a música e o baile tradicional galego son dos máis ricos non só na península senón a nivel internacional. É un baile que ten un enorme valor na súa música, que tamén é moi complexo nas súas coreografías e que segue sendo unha cultura viva", dixo Ana Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar