O BNG presenta unha proposta de lei para que Galicia teña a xestión total da costa
O BNG presenta unha proposta de lei para que Galicia teña a xestión total da costa
A proposta será levada pola líder do BNG, Ana Pontón, ao Parlamento no pleno do martes
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este mércores unha proposición de lei para que Galicia teña as "plenas competencias" na xestión e ordenación do litoral.
Pontón estivo na lonxa da Coruña para presentar esta proposta que considera "un debate en que xogamos unha parte moi importante da nosa identidade e economía".
Segundo Pontón, este é "un debate clave para o futuro", polo que pide "ao PP e ao PSOE que se definan". Recalca que "a nosa costa non se pode gobernar a 600 km, nun despcho, en Madrid".
A proposición de lei reclama a posibilidade de decidir nos plans territoriais de ordenación e uso do literal así como na zona de dominio público marítimo-terrestre, tomando decisións sobre quen e que infraestruturas se poden instalar aí.