Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG propón converter Santiago en "cidade de Rosalía de Castro"

O BNG propón converter Santiago en "cidade de Rosalía de Castro"

Queren que o 23 de febreiro sexa declarado oficialmente Día Nacional de Rosalía e a creación dun instituto galego Rosalía de Castro

Os nacionalistas propoñen facer do 23 de febreiro o Día Nacional de Rosalía
G24.gal 23/02/2023 12:38

O BNG propón que o 23 de febreiro sexa declarado oficialmente Día Nacional de Rosalía e a creación dun instituto galego Rosalía de Castro para a internacionalización da lingua e da cultura galegas.

Acompañada da candidata á alcaldía compostelá, Goretti Sanmartín, a voceira nacional, Ana Pontón, presentou en Santiago a proposta dos nacionalistas para converter a capital galega en cidade rosaliana, para impulsar a difusión da súa figura e situala como referente cultural en Europa.

Os nacionalistas queren reivindicar a Rosalía máis rebelde, feminista e defensora da cultura galega e apostan por encher Compostela de iconografía, simboloxía, cartelería e imaxe rosaliana nas fachadas, artesanía e mesmo nos pasos de peóns.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade