Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG reclama que o Estado impulse as infraestruturas e mellore as estradas nacionais

O BNG reclama que o Estado impulse as infraestruturas e mellore as estradas nacionais

Militantes do BNG participan nunha caravana para reivindicar que o Goberno repare as vías

Considera que o mantemento é deficiente e que repercute na falta de seguridade 

Caravana de protesta entre Lugo e Becerreá
G24.gal 04/05/2024 13:48 Última actualización 04/05/2024 13:57

O BNG continúa coa súa campaña reivindicativa para que o Goberno central atenda as infraestruturas viarias que, segundo os nacionalistas, non están nas condicións idóneas para circular con seguridade. 

Hoxe organizaron unha caravana de protesta, entre Lugo e Becerreá, que se enmarca dentro da campaña “Arranxo xa das nosas estradas”.

O deputado Néstor Rego lembra que no acordo de investidura do Goberno xa figuraba un plan de acción nas estradas galegas. Reclama que se active, que se rematen as autovías a Santiago e Ourense e que se avance no mantemento das vías existentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade