Cargando resultados...
O BNG reclama unha tarifa eléctrica un 33 % máis barata para Galicia
O BNG reclama unha tarifa eléctrica un 33 % máis barata para Galicia
Insiste en que o país ten que ser compensado como produtor de enerxía
A formación avoga por un concurso de transición xusto para As Pontes e Meirama
G24.gal
01/07/2023 14:12
Última actualización 01/07/2023 15:11
O BNG reclama unha produción de enerxía baixo control público, racional e que minimice os impactos.
Desde As Pontes de García Rodríguez, o deputado no Congreso e cabeza de lista da formación pola Coruña, Néstor Rego, avogou por un concurso de transición xusto nesta vila e en Meirama.
Rego tamén insistiu en que Galicia, como produtora de enerxía, leva décadas sufrindo as consecuencias ambientais e sociais e debe ser compensada cunha tarifa propia máis barata.