O BNG pide a comparececencia de Conde tras anular o TSXG a repotenciación dun parque eólico
O BNG pide a comparececencia de Conde tras anular o TSXG a repotenciación dun parque eólico
A sentenza non é firme e a Xunta aínda pode recorrer
O BNG mostrou a súa satisfacción por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dá amparo a un recurso de tres veciños de Corme que protestaron pola repotenciación do parque eólico do Roncudo, en Corme, concello de Ponteceso. Así, o Bloque rexistrou no Parlamento de Galicia a solicitude de comparecencia "urxente" do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía Francisco Conde.
Luis Bará do BNG declarou: "Pensamos que é unha sentenza contundente porque fala de algo moi grave, que é a vulneración por parte da Xunta de Galicia do dereito ambiental da UE, da lexislación ambiental do Estado ao non respectar os prazos mínimos na información pública da avaliación ambiental que ten, que ser de trinta días e aquí reduciuse a quince".
A senteza non é firme e aínda cabe recurso por parte da Xunta.
O Bloque presentará unha serie de iniciativas para reclamar unha nova planificación eólica que respecte o medio natural e os habitantes do rural galego.