Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bono Activa Comercio poderá solicitarse a partir do 9 de outubro

O Bono Activa Comercio poderá solicitarse a partir do 9 de outubro

Son ata 30 euros de desconto por usuario

A cuarta edición do programa conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros

G24.gal 29/09/2023 14:29

En apenas dez días os consumidores poderán descargar o Bono Comercio de trinta euros nos seus teléfonos móbiles. Unha vez obtido ese código QR, só terán que presentalo á hora de pagar nos establecementos adheridos ao programa.

Descontaranse 5 euros para compras de entre 20 e 30 euros, de dez euros para as que vaian de 30 a 50 e 15 euros se se gastan máis de 50. Os bonos poderán usarse dende o 9 de outubro ata o 31 de decembro, ou ata que se esgoten os 2 millóns e medio de euros presupostados para o programa.

É a cuarta edición deste programa ao que cada vez se adhiren máis establecementos e non hai número limitado de usuarios. Na anterior campaña, o orzamento esgotouse en apenas tres semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar