Cargando resultados...
O Burela pretende erguer o cuarto título deste 2023
O Burela pretende erguer o cuarto título deste 2023
Este sábado comeza a final do campionato ligueiro diante do Futsi Navalcarnero
G24.gal
16/06/2023 21:51
Hai un ano o Futsi Navalcarnero festexaba o seu título de liga. Foi fronte ao Burela. Foi unha das escasas ocasións no último lustro en que o equipo da Mariña cedeu a coroa. Doce meses despois, os dous equipos que dominan o fútbol sala español volven enfrontarse. A vantaxe de pista é neste caso para as colchoeiras.
Pase o que pase a temporada é para enmarcar. Catro finais de catro posibles. A liga sería a culminación para un equipo que sempre dá o mellor nas grandes citas.
Hoxe o obxectivo é recuperar o factor cancha e que Vista Alegre poida vivir un novo episodio dunha historia que comezou en 2013 coa primeira liga. O Burela busca agora a quinta.