O Burela queda sen ascenso á LNFS por un gol no último segundo
O Burela queda sen ascenso á LNFS por un gol no último segundo
O partido chegou con empate sen goles ata o último intre da prórroga no que o Alzira marcou o gol que lle permite subir de categoría
O Burela Pescados Rubén quedou sen o ansiado ascenso á LNFS do xeito máis cruel. No primeiro partido xogado en terras galegas quedou sen o triunfo na quenda de penaltis. Só lle valía a vitoria en Alzira para levar a eliminatoria ao terceiro encontro e acabou perdendo cun gol no último segundo da prórroga.
Había moito en xogo e iso notouse na pista, cun gran ambiente e cos dous equipos gardando moito a súa portería e buscando non cometer erros. Pasaban os minutos e ningún dos dous conseguía marcar o gol que relaxase a tensión. Con empate a cero rematou o encontro e a prórroga parecía que ía polo mesmo camiño.
Ata que apareceu a ocasión do encontro que non desaproveitou Joan. Todo apuntaba a unha segunda quenda de penaltis pero este tanto decide o ascenso a prol dos valencianos.