O Camiño de Santiago segue a bater marcas de peregrinación
O Camiño de Santiago segue a bater marcas de peregrinación
Máis de 251.000 camiñantes chegaron a Santiago neste 2023, un 11 % máis ca no mesmo período de 2022
De se manter o ritmo, poderíase superar a cifra histórica rexistrada no último ano santo
Despois de días camiñando, a chegada ao Obradoiro celébrase con aplausos e apertas.
“É alucinante, non adoito chorar, pero fai que te emociones, non sei por que”.
“Fantástico, e ademais o tempo axudounos. Nós vimos desde Granada, onde ía moita calor, e atopámonos en Galicia con esta temperatura fantástica”.
Na Oficina do Peregrino selaron o venres máis de 2.300 compostelas e este sábado todo apunta a que se vai superar tamén esa cifra.
“É unha mestura moi interesante entre deporte, cultura, arquitectura, relixión, xente de todos os sitios”.
Uns peregrinos acaban de chegar. Son de Francia e fixeron o Camiño desde León. Din que a experiencia foi estupenda. O Camiño segue batendo marcas. Máis de 251.000 chegaron a Santiago no que vai de ano, un 11 % máis que no mesmo período de 2022
“Encantoume, é moi bonito” "As paisaxes son preciosas e ademais comemos moi ben” “Para repetir o ano que vén”
Se se mantén o ritmo de chegada, o Camiño podería superar a cifra histórica de 438.600 peregrinos do último ano santo.