Santiago acada os 350.000 peregrinos e supera a marca historica de 2019
Santiago acada os 350.000 peregrinos e supera a marca historica de 2019
A Oficina do Peregrino recibiu de media cada día nos meses de xullo e agosto entre 1.500 e 2.000 persoas
O Camiño de Santiago vive o mellor ano da súa historia. Dino os datos: a tres meses aínda de que se peche a Porta Santa xa chegaron máis camiñantes que en todo o 2019.
Este 21 de setembro, aínda no verán e a falta de algo máis de 3 meses para que remate este ano Santo, xa se superaron as 347.587 compostelas que se entregaran en todo o ano 2019, que foi o que bateu todas as marcas da ruta xacobea.
Son datos que ofrece a Oficina do Peregrino, que recibiu de media cada día nos meses de xullo e agosto entre 1.500 e 2.000 persoas. Este Ano Santo 2022 vai de récord en récord, foi o primeiro Xacobeo en que o peregrino número 200.000 chegou a Santiago antes do 25 de xullo.
E xa en agosto se bateran as marcas rexistradas no anterior xacobeo de 2010.
O certo é que tras a parada da pandemia, todo o verán deixou imaxes dos distintos camiños cheos de peregrinos e a praza do Obradoiro leva meses sendo un auténtico fervedoiro de xente.