O Camiño de Santiago atrae xente no outono que foxe da aglomeración

Prefiren esta época porque a ruta está menos masificada, pero fórmanse grupos con facilidade

G24.gal 12/11/2023 14:30 Última actualización 12/11/2023 17:17

O Camiño de Santiago tamén se fai no outono pero doutro xeito. A xente que busca unha experiencia máis tranquila escolle estas datas para evitar os amoreamentos. 

Miguel e Daniel xa o fixeron en varias ocasións. A ruta está menos masificada pero enseguida se forman grupos. A paisaxe e poder gozar dun mesmo son dous factores que tamén inflúen na elección desta época. 

Chaein prefire escapar da calor do verán e a súa compañeira surcoreana aproveita o Camiño para saber o que quere facer na súa vida. 

Paolo, italiano, só pretende ter tempo para si mesmo e gozar da Natureza. No caso de Risa é unha experiencia vital. O caso é que o Camiño mantén o seu atractivo en calquera época do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade