Cargando resultados...
O Camiño de Santiago continúa atraendo peregrinos, a pesar da calor
O Camiño de Santiago continúa atraendo peregrinos, a pesar da calor
Acabado de entrar o verán, a ruta xacobea mantén a afluencia de camiñantes
Para enfrontarse ás temperaturas altas procuran saír máis cedo ou facer traxectos máis curtos
G24.gal
25/06/2023 14:51
Última actualización 25/06/2023 15:03
A calor non desanima os peregrinos á hora de facer o Camiño. Hai moitos camiñantes, pero sen chegar á masificación.
En canto ao perfil do peregrino nesta época en Sarria, por exemplo, atopámonos con moitos estranxeiros.
Algúns xa fixeron o Camiño en varias ocasións, e moitos aseguran que repetirán.
Calquera momento é bo para facer o Camiño, mesmo acabado de estrear o verán e xusto a un mes da festividade do Apóstolo.