Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Camiño de Santiago podería volver bater marcas de afluencia este ano

O Camiño de Santiago podería volver bater marcas de afluencia este ano

No primeiro trimestre xa houbo 5.300 persoas máis que nas mesmas datas do ano pasado

O Francés é o percorrido elixido pola maior parte dos que se dirixen a Compostela

G24.gal 21/05/2023 14:26 Última actualización 21/05/2023 17:52

O Camiño de Santiago parece que vai bater marcas de peregrinos este ano. No primeiro trimestre xa fixeron a ruta xacobea 16.400 persoas, que son 5.300 peregrinos máis que no mesmo período do ano anterior.

Ata agora, era o ano no que houbo máis peregrinos. Iso significa que o Camiño de Santiago mantén o seu tirón e na Oficina do Peregrino non descartan superar as mil compostelas diarias.

O Camiño Francés segue sendo o maioritario, o que elixe a maior parte dos camiñantes, seguido da ruta portuguesa, que está en auxe, e tamén o Camiño Inglés, o Primitivo e a Vía da Prata.

Sarria é a localidade elixida maioritariamente para as persoas que queren facer o Camiño de Santiago en menos dunha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar