Cargando resultados...
O Camiño de Santiago segue a bater marcas de peregrinaxes
O Camiño de Santiago segue a bater marcas de peregrinaxes
Ata este venres emitíronse 191.937 Compostelas
G24.gal
08/07/2023 14:21
Última actualización 08/07/2023 14:40
O Camiño de Santiago segue batendo marcas históricas. No primeiro semestre de 2023 recibiron a Compostela máis de 177.000 persoas, o cal supera as cifras de 2022, cando máis camiñantes se rexistraron. E todo parece indicar que esas cifras se van seguir superando.
Cada quen peregrina polos seus motivos. Algúns porque lles dá a arroutada. Outros por motivos persoais, para dar a coñecer a enfermidade de Meniere. Tamén atopamos a varios peregrinos que repiten.
Sexa o que sexa, o Camiño algo ten que engaiola. No que vai de ano emitíronse 191.937 Compostelas, co cal vai cara a unha nova marca este ano.