Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Carballiño seduce co mellor polbo milleiros de visitantes que ateigan a vila

O Carballiño seduce co mellor polbo milleiros de visitantes que ateigan a vila

A Festa do Polbo, tras 60 anos, estrea a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional

G24.gal 14/08/2022 13:45 Última actualización 14/08/2022 15:31

Este segundo domingo de agosto, como xa é tradición, a Festa do Polbo toma as rúas do Carballiño para enxalzar este produto gastronómico. O Parque Municipal acolle milleiros de visitantes nunha comida popular, na que a disposición do público haberá unhas 30 pulpeiras e unha ducia de recintos e tabernas para acollelos.

O cefalópodo é o protagonista da xornada, en que O Carballiño se rende ao sabor do mellor polbo que xa lle dá fama a toda unha vila e ás mulleres que mellor saben preparalo.

Nesta edición conta co reclamo despois de 60 anos de celebracións de estar xa considerada como festa de Interese Turístico Internacional. A xente non faltou á cita e as ganas de probar arestora o polbo seguro que tampouco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos