Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cebreiro amence cuberto de branco tras a primeira nevarada do inverno

O Cebreiro amence cuberto de branco tras a primeira nevarada do inverno

Comezaron caer as folerpas pola noite, coa baixada das temperaturas

O vindeiro martes a cota podería descender ata os 600 metros

G24.gal 15/01/2023 14:41 Última actualización 15/01/2023 19:51

A neve fixo acto de presenza na montaña de Lugo. En Pedrafita do Cebreiro estaba anunciada, pero non deixa de sorprender. 

Comezou ao caer a noite. Veu acompañada dunha baixada de temperaturas. É a primeira nevarada do ano e tamén a primeira deste inverno. Mentres non haxa máis, hai que aproveitar.

Unha nova fronte esta semana fará que se repita a situación. A cota podería baixar o martes aos 600 metros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos