O Cebreiro despide o Nadal tinguido de branco e coa previsión de máis neve
O Cebreiro despide o Nadal tinguido de branco e coa previsión de máis neve
Esta semana volverán caer folerpas na montaña luguesa e a cota situarase entre os cincocentos e os seiscentos metros
Carambos nas pallozas e fume nas chemineas do Cebreiro para pechar un Nadal que, este ano si, se tinguiu de branco.
Noa e Lúa, dúas rapaciñas do Morrazo, viñeron pasar toda a fin de semana na montaña luguesa, complicándolles algo o labor aos Reis Magos.
"Tamén teño que poñer o enderezo na carta e a verdade é que os agasallos apareceron na ventá".
Malia que este sábado apenas caeron folerpas e esta noite xa non houbo ningunha, a neve aínda cobre a aldea, unha estampa moi buscada entre os turistas.
"Levantarse e ver o amencer dende a ventá da casa rural cos montes todos nevados a verdade é que é unha pasada".
"Durmimos aquí esta noite cos carambos e co frío, pero moi ben".
"É moi bonito todo e pasámolo moi ben".
Tamén hai quen se desprazou para pasar a xornada dominical.
"Xenial, a verdade é que nunca viñera ver a neve".
"A temperatura é de cero graos e estase moi ben".
A partir do mércores é moi probable que a neve volva á montaña luguesa, xa que se agardan precipitacións e a cota situarase entre os cincocentos e os seiscentos metros.