O CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada celebra o seu 50 aniversario
O CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada celebra o seu 50 aniversario
Antigos alumnos e mestres encontráronse no centro
O colexio foi un centro experimental da EXB nos anos 70
O CEIP Pedro Barrié de la Maza cumpre cincuenta anos, medio século que ben merece mirar cara atrás e reunir antigos alumnos e vellos mestres. É unha escola singular, vangardista no seu tempo. Comezou a funcionar o curso do 72 e foi clasificada polo goberno de Franco como centro experimental da EXB.
As súas foron unhas instalacións vangardistas para a época, cunha escola fogar para 300 internos e unha vintena de vivendas para os profesores. O colexio tiña pistas deportivas, laboratorio de fotografía e unha pisicina climatizada, reconvertida na actualidade no salón de actos que acolleu a celebración do aniversario.
Foi un día para os reecontros e para a memoria. Antigos alumnos e vellos mestres regresaron ao centro, percorreron de novo os seus corredores e volveron entrar nas aulas, que seguen sendo, cincuenta anos despois, oasis de aprendizaxe e de convivencia.