Unai Núñez segue en Bilbao e esta mañá traballou co Athletic
Unai Núñez segue en Bilbao e esta mañá traballou co Athletic
O xogador agarda que remate a negociación dun xeito satisfactorio
O primeiro equipo do Athletic Club regresou este luns ao traballo en Lezama para arrincar a segunda semana de preparación de pretemporada coas presenza de Unai Núñez e Íñigo Vicente, quen se ausentou os últimos días da semana pasada.
Aínda que a ambos se espera que se incorporen outros equipos antes do inicio oficial do novo curso 2002-2023, ao Celta o central e ao Racing de Santander o dianteiro, os dous volveron ao grupo que adestra Ernesto Valverde e tomouse o domingo a primeira xornada de descanso ao termo da primeira semana de pretemporada.
A operación que vai tentar pechar o Celta nas vindeiras horas é a de Unai Núñez. O club traballa arreo para pechar a súa incorporación e que poida viaxar co resto da expedición na xira americana.
O acordo entre Unai e o Celta é total e só faltan por pulir algúns detalles do pase entre o equipo vigués e o Athlétic, club de procedencia de Núñez.
Unai debutou no primeiro equipo con 20 anos, cando se fixo cun oco entre os titulares da man do Cuco Ziganda, o seu gran valedor. Logo chegaría a temporada de Berizzo e Garitano na que non tivo tanta continuidade. A chegada de Marcelino parecía reactivar a súa importancia no Athlétic pero nesta última temporada só xogou 9 partidos, 7 como titular.
O fillo de Abel Núñez, natural de Taboada (Lugo), podería regresar á terra do seu pai para xogar en Galicia.